Alcatel-Lucent confirma o potencial de referente europeo da rede 4G de Telefónica
venres, 6 de setembro do 2013
Tal e como avanzamos os
dÃas pasados, Telefónica
ten postos tódolos recursos para acadar a rede 4G máis completa de
Europa, contando para este traballo coas achegas de Ericsson e
Alcatel-Lucent, compañÃas encargadas do despregamento da dita
infraestrutura de banda larga móbil de alta velocidade, máis polo
miúdo de tecnoloxÃa LTE (Long Term Evolution, tecnoloxÃa 4G
baseada en GSM/EDGE e UMTS/HSPA). Segundo sinalou de xeito
complementario a segunda das ditas empresas, Alcatel-Lucent, o
acordo co operador español é o de meirande envergadura dos que
mantén en Europa, cousa que non farÃa máis que confirmar o
longo alcance do proxecto da compañÃa española.
Asà o fixo saber tamén
LuÃs Miguel Gilpérez, presidente de Telefónica España, no
Encontro de Telecomunicación da UIMP en Santander, onde avanzou que
a partir de outubro chegarán as novas conexións LTE ofrecidas por
Movistar a Madrid, Barcelona, Málaga e Valencia, elixidas para esta
achega de infraestrutura e servizo xunto a Sevilla e Alacante (estas
dúas baixo a rede do seu colaborador no 4G, Yoigo). Volvendo ás
declaracións de Alcatel-Lucent España, dicir que foron achegadas
por Roque Lozano, presidente da división estatal, quen confirmou que
o despregue acadará as 8.000 estacións base de LTE, sen especificar
en datas cando se chegará a esta cifra. A empresa tamén sinalou que
logo dos espazos urbanos devanditos, o seguinte paso será acometer
as cidades que teñan unha poboación maior de 100.000 habitantes.
Lozano incidiu igualmente no que significa para a súa empresa a
colaboración con Telefónica: "Estamos entusiasmados de poder
traballar con Telefónica na súa rede 4G LTE e estamos preparados
para explorar o uso doutras tecnoloxÃas como as celas pequenas para
mellorar a cobertura en calquera intre, lugar e dispositivo nun marco
de colaboración máis amplo", explicou.