Advirten do perigo de pagar a través de códigos QR situados en lugares públicos
luns, 17 de xaneiro do 2022
Nos
últimos meses afixémonos a empregar códigos QR para acceder ás cartas dos restaurantes,
á plataforma de reservas dalgúns establecementos ou incluso como atallo para
instalar unha aplicación no móbil, pero non podemos esquecer que os códigos QR
veñen a ser o equivalente a unha ligazón na web, co risco que iso supón, e ao
igual que poden estafarnos con ligazóns por correo electrónico e mensaxes de
texto, os códigos QR poden facer o mesmo, e asà están a advertilo nos EE.UU.,
onde atoparon adhesivos con códigos QR en numerosos parquÃmetros que levaban a
unha páxina web fraudulenta que simulaba servir para pagar por aparcar na rúa.
Este orixinal calote detectouse no
mes de decembro en San Antonio (Texas), e aseguran que tamén está a
replicarse a práctica en Austin
e Houston,
aÃnda que nestes casos a páxina web á que remitÃan os códigos QR
(passportlab.xyz) está fóra de liña, de xeito que xa non poderá estafar a máis
condutores que pensen que están a recorrer a un sistema de pagamento rápido.
As autoridades das cidades afectadas están a advertir deste tipo de ameaza,
insistindo en que nunca empregarÃan códigos QR para aceptar pagamentos xa que
os códigos QR son moi doados de falsificar. Os únicos métodos de pagamento que
aceptan son efectivo, tarxeta bancaria ou a aplicación oficial do servizo de
parquÃmetros.