Adobe AIR permitirá a creación de aplicacións nativas para Android

venres, 4 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Mentres Apple pon atrancos a Adobe para entrar no iPhone e no iPad, a compañía non está a ter eses problemas con Android, sistema operativo para o que xa teñen engadido que permite o uso de Flash na web, e agora tamén contan con versión de Adobe AIR, que permite utilizar esta tecnoloxía de Adobe para crear aplicacións nativas para Android (publicables a través do Android Market) o que facilitará aos programadores de ActionScript 3 a creación de aplicacións móbiles, aínda que a ferramenta para conseguir facer tal aínda están en fase de probas, e non sairá oficialmente ata a segunda metade do ano.


Vídeo no que presenta o Adobe AIR para Android

PUBLICIDADE