Adobe AIR chega a Android

venres, 8 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Dende Adobe non só levaron o Flash Player 10.1 ao sistema operativo Android (que permite visualizar contidos en Flash en páxinas web) senón que agora estrean unha versión de Adobe AIR para o sistema operativo promovido por Google, de xeito que os desenvolvedores que realicen aplicacións co Flash Builder ou o Flash Professional CS5 poderán publicalas directamente no Android Market.
Adobe leva moito tempo intentando facer o mesmo co iPhone, pero polo momento Apple rexeitou sempre a tecnoloxía Flash nos seus terminais.

PUBLICIDADE