Adam Mosseri será o novo responsable de Instagram

martes, 2 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Hai unha semana Kevin Systrom e Mike Krieger, fundadores de Instagram, anunciaron que abandonaría a empresa, e agora son os encargados en anunciar quen será o seu sucesor, Adam Mosseri, quen actualmente tiña o cargo de vicepresidente de produto, e que agora será o director xeral de Instagram.
Systrom e Krieger confían en que Mosseri, quen traballa no equipo de deseño de Facebook dende 2018, sexa unha boa escolla para recoller o seu testemuño, entendendo que comparten con el ideais como a busca dun deseño sinxelo e a importancia da comunidade de usuarios.
Adam Mosseri deberá agora liderar Instagram, para o que tamén terá que recrutar un novo cadro directivo, incluíndo a novos directores de enxeñaría, produto e operacións.
Os fundadores de Instagram, pola súa banda, limítanse en asegurar que desexan que o seu servizo manteña á comunidade como o seu norte, sentíndose orgullosos dos pasados anos nos que conduciron a Instagram dos 2 aos 1.000 millóns de usuarios.

PUBLICIDADE