Actualizan o Virtual PC 2007 para dar soporte ás novas versións de Vista e XP

venres, 16 de maio do 2008 Marcus Fernández

A aplicación informática de máquina virtual de Microsoft, o Virtual PC 2007, vén de actualizarse para soportar o Windows Vista SP1 e o Windows XP SP3.
O Virtual PC 2007 SP1 xa se pode achegar do Centro de Descarga de Microsoft, ocupando entre 31.7 Mb e 63.6 Mb segundo os elementos seleccionados. Unha das principais utilidades desta solución é a de executar outros sistemas operativos dentro da instalación actual (sen precisar de facer arranque dual).
Hai que precisar que Virtual PC 2007 non soporta oficialmente as edicións domésticas de XP e Vista, pois se trata dun produto dirixido ao público profesional.

PUBLICIDADE