Actualizan o Kindle 2 incrementando a súa autonomÃa e incluÃndo soporte de PDF
mércores, 25 de novembro do 2009
Os usuarios do lector de libros electrónicos Kindle 2 de
Amazon recibiron nas últimas horas unha actualización
do seu firmware de xeito que incorpora o rendemento da súa baterÃa
un 85% e a lectura nativa de ficheiros en formato PDF, novidades que
agradecerán todos os usuarios, aÃnda que no caso dos documentos en PDF aÃnda
queda moito por mellorar, pois o lector aÃnda non permite o uso de zoom, de xeito que a meirande parte dos
ficheiros en tal formato resulta ilexibles por ter a pantalla do trebello unha
resolución moi reducida.
A carga de documentos PDF no Kindle pode facerse a través de USB ou remitindo
os ficheiros por correo electrónico ao enderezo de e-mail asignado ao Kindle
(baixo o dominio kindle.com).
A actualización do Kindle deberÃa realizarse de xeito automático para calquera
usuario do Kindle 2, aÃnda que en caso de erro tamén pode instalarse
manualmente, e cómpre destacar que os usuarios do Kindle orixinal deberán
agardar a que apareza unha actualización semellante para os mesmos
(que dende Amazon xa confirman que engadirá soporte de lectura de documentos en
PDF).