Actívase a web do Premio A Imaxe de Galicia

venres, 3 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O I Premio A Imaxe de Galicia convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración e patrocinio da Fundación Caixa Galicia vén de activar a súa páxina web na que é posible consultar as súas bases e descargar o formulario de inscrición.
Este certame pretende recoñecer a labor dos xornalistas gráficos, cada vez máis importante nun mundo no que a memoria está cada vez máis creada de imaxes. Os participantes poderán presentar un total de 3 imaxes, que traten sobre Galicia e fosen publicadas nalgún medio durante 2009 e o xurado elixirá ás 50 mellores (que aparecerán nunha exposición, un catálogo e unha páxina web), entre as que se seleccionará a imaxe gañadora, recibindo o seu autor un único premio en metálico de 9.000 euros.

PUBLICIDADE