Accesible en beta Dokeos LMS 1.8

martes, 31 de outubro do 2006 Fernando Sarasketa

Noa Orizales de Contidos Dixitais vén de informar da posibilidade de descargar a versión beta de Dokeos LMS 1.8, accesible xa dende a web de Dokeos, onde tamén se ofrece a opción de probar a dita ferramenta en liña. Cómpre sinalar que esta nova versión responde ó esforzo de Dokeos por mellorar o seu sistema de xestión da aprendizaxe, achegando máis compatibilidade cos estándares SCORM e pulindo as ferramentas de seguimento.
Con este fin, a versión 1.8 incorpora videoconferencia web integrada, foros e interface xeral de LMS rediseñados. Cómpre subliñar que esta distribución fíxose accesible o xoves 27, e que na dita web inclúese un calendario detallado de vindeiras actualizacións.
Dokeos é un sistema de xestión da aprendizaxe en código aberto (susceptible de ser mellorado pola comunidade que o empregue) e tamén unha palataforma de teleformación que permite que os alumnos interactúen cunha serie de contidos de forma remota, así como co profesorado e o restante alumnado.

PUBLICIDADE