Ábrese este xoves o posgrao da plataforma XEMTE, dirixido a aplicar máis tecnoloxía nas empresas

mércores, 22 de xaneiro do 2014 Redacción

Este xoves 23 de xaneiro vaise desenvolver ás 19:30 horas a sesión inaugural do Posgrao Universitario en Especialización en Xestión Empresarial e Tecnoloxía, XEMTE. A cita é na Fundación Caixagalicia na Coruña (Cantón Grande, 24). Como lembraremos, este título propio da Universidade da Coruña (UC) xorde nace coa finalidade de formar a expertos en tecnoloxías para teñan no futuro os coñecementos precisos para impulsar a competitividade e a produtividade das empresas nas que se desenvolvan o seu labor. Do posgrao en cuestión temos falado xa en Código Cero, salientando a súa arela de pornos na vangarda da aplicación rápida e efectiva da tecnoloxía en procesos empresariais, industriais e empresariais.
Tamén sinalamos daquela que a plataforma, formada por empresas, colexios profesionais e institucións, ponse en marcha este curso (da man da UDC) para formar en novas tecnoloxías e procesos produtivos a alumnos que estean a rematar os estudos ou recentemente graduados das enxeñerías informática, telecomunicacións, industriais, matemática ou física.
Volvendo ao acto deste xoves, dicir que participarán nel representantes da UDC xunto a Víctor Carneiro, director académico de XEMTE e Manuel Garrido, coordinador do Posgrao. Rematará coa conferencia Sistemas de información. Vantaxes competitivas de Vicente Sorli, director do programa Executive MBA en Estema, Universidade Europea de Valencia, “toda unha referencia internacional en desenvolvemento de consultoría en estratexia, organización e procesos”, sinalan fontes da Universidade da Coruña.
Lembrar que noo desenvolvemento de XEMTE cóntase coa participación de empresas (algunhas delas moi ligadas ás TIC) como Emetel, Altia, Banco Etcheverría, Telefónica, Reganosa, Emalsa ou Cofrico. Estas compañías contratarán aos alumnos apostando polo desenvolvemento e o innovador concepto deste posgrao. Xunto á Universidade, profesorado e alumnos, formarase a comunidade XEMTE, “un paso adiante cara á educación colaboradora, práctica e enfocada a potenciar as habilidades do alumno”, engade a UDC.

PUBLICIDADE