Abanca organiza este mércores na Coruña unha xornada sobre ciberseguridade e fraude dixital

luns, 21 de novembro do 2022 S. P.

Pasado mañá a partir das 10:00, Abanca celebrará un evento adicado a analizar os retos da ciberseguridade e o fraude dixital. A xornada, organizada polo banco en colaboración co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Fiscalía Superior de Galicia, contará coa participación de diferentes expertos dos ámbitos tecnolóxico, financeiro, xudicial e policial.
O evento celebrarase en formatos presencial e vídeo-conferencia. Desenvolverase dende o Auditorio de Abanca no número 1 da avenida da Mariña, na Coruña.
Intervirán José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e Fernando Suanzes Pérez, fiscal superior de Galicia. Tamén está prevista a participación de José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez, director xeral de Goberno Corporativo e Asuntos Legais de Abanca, Rubén Frieiro, socio director de Ciberseguridade de Deloitte, Roberto Baratta, director de Seguridade TI de Abanca, Juan Antonio Álvarez de Sotomayor, tenente coronel da Unidade de Cibercrime, UCO Guardia Civil, Santiago Reboyras, xefe do Grupo de Investigación Tecnolóxica, Brigada Provincial da Policía Xudicial da Coruña, Ignacio Picatoste Sueiras, presidente da Audiencia Provincial da Coruña, Luis Vázquez Seco, fiscal especialista en delincuencia informática, Fiscalía Provincial da Coruña, e José Ignacio Canle, director de Asesoría Xurídica Contenciosa e Xestión Xudicial de Abanca.

PUBLICIDADE