Abanca e outros accionistas de Tecnocom acordan vender as súas participacións a Indra

mércores, 7 de decembro do 2016 Redacción

Sede de TecnocomA empresa tecnolóxica española Indra anunciou o pasado día 29 que lanzará unha oferta pública de adquisición de accións (OPA) polo 100% da empresa Tecnocom (que en 2006 fixérase coa galega Softgal por 20 millóns de euros) a 4,25 euros/acción (cando o prezo o día anterior da OPA era de 3,81 euros).
Abanca e varios accionistas de Tecnocom teríanse comprometido a aceptar a OPA, de xeito que o 52,7% do capital que controlan na compañía por uns 168 millóns de euros. A entidade financeira galega tería actualmente un 20% de Tecnocom.
Os accionistas de Tecnocom tamén se comprometen a facilitar a dimisión dos seus representantes no consello de administración da compañía dentro dos tres días hábiles bolsistas seguintes á data de liquidación da oferta.
Confíase en que a operación finalice no segundo trimestre de 2017.

PUBLICIDADE