APD reunirá no seu congreso aos directivos dalgunhas das principais TIC que operan en España

venres, 13 de xullo do 2012 Fernando Sarasketa

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) vai organizar en Valencia unha nova edición do seu encontro para os altos cargos das empresas que operan en España, establecéndose como obxectivo común a creación dun marco de diálogo e traballo conxunto que “axude ao desenvolvemento económico e social do país”, sinala a organización. Dáse a circunstancia de que o sector TIC vai ter ampla representación no Congreso Nacional de Directivos. O lema desta edición, no que vai participar María Garaña, presidenta de Microsoft e Javier Rodríguez Zapatero, presidente de Google España, ou Eduardo Serra, presidente da Fundación Everis, será pasar á acción.
E todo, sinala APD, sen agardar que os cambios lles sexan dados, senón buscando os mecanismos axeitados para saír da crise. A xuntanza, na que se calcula que participarán máis de 1.500 directivos, conta con apoios de numerosas entidades que, a xuízo de APD, amosan un compromiso polo pulo á economía, é o caso de Accenture, Adecco, Bankia, BROSETA, Cesce, Deloitte, Everis, FCC, HP, Iberdrola, KPMG, Llorente y Cuenca, Microsoft, Porto de Valencia, PwC, SAGE, Vodafone, Vossloh e coa colaboración institucional de la Generalitat Valenciana. O evento desenvolverase en Valencia os días 13 e 14 de novembro.

PUBLICIDADE