APD lévanos este mércores ao mundo tecnolóxico que nos agarda
luns, 28 de outubro do 2019
Este
mércores 30 vaise celebrar en Santiago, no Auditorio de Abanca do
Preguntoiro, a
sexta edición de O Mundo que Vén, a xornada de debate e información
arredor das novas tendencias tecnolóxicas empresariais (e sociais,
científicas, culturais) que organiza a Asociación para o Progreso
da Dirección (ADP), coa colaboración da Xunta e o Círculo
Financeiro de Galicia. A cita será inaugurada polo presidente da
Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Na
xornada participarán relatoras e relatores de empresas como
Microsoft, IBM, Steelcase, Retina, CISCO ou Hijos de Rivera, entre
outras firmas. Todas teñen en común o seu carácter referencial
como innovadoras ou ben como exemplos de transformación innovadora
nos seus procesos.
En
termos máis concretos, participarán Andreu Vilamitjana, director
xeral de CISCO, José A. Ondiviela, director de Solucións de Cidades
Intelixentes de Microsoft para o occidente europeo, Erik Häggblom,
director executivo de Tribaldata e Alumni de Singularity University,
Virginia Lavín, directora de Retina El País, Alejandro Pociña,
presidente de Steelcase, Nuria Alonso, directora de Transformación
Dixital de Hijos de Rivera, Antón Costas, economista, Mikel Diez,
responsábel de Innovación Tecnolóxica e Deseño en IBM, Francisco
Conde, conselleiro de Economía, e Santiago Sesto, director zona
noroeste de APD.
En
palabras da organización, na sexta edición da xornada búscase
“construír un encontro colmado de ideas e relatores expertos cos
que aprender e debater acerca dunha cuestión tan crítica como o
mundo que teremos e o mundo que queremos no mundo que vén, da man de
empresas tecnolóxicas de referencia a nivel mundial”.
As
sesións darán comezo ás 8.45 horas e estenderanse até as 14.30
horas.