APD e Adecco analizarán nunha xornada como será o mercado laboral do mañá

luns, 27 de xuño do 2016 Redacción

O Hotel A Quinta da Auga en Santiago de Compostela

Este martes 28 de xuño, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a firma Adecco levarán a cabo unha xornada para botar luz sobre o futuro da empregabilidade. Baixo o título O futuro do traballo e o traballo do futuro (información en formato PDF), o encontro servirá para que traballadores e empregadores poidan asistir á análise do intre de mudanza no que se atopa o mercado laboral, asistido polas máis avanzadas tecnoloxías de comunicación para uns (traballadores) e outros (empregadores). A xuntanza terá lugar no Hotel A Quinta de Auga, Paseo da Amaia, 23B de Santiago de Compostela, en horario de 9:30 a 13:15 horas.
Indo á xornada en cuestión, dicir que será aberta por Santiago Sesto, director zona noroeste APD e Eduardo Gómez, director de Adecco en Asturias. De seguido, será a quenda da secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca. A primeira mesa redonda, moderada por Santiago Soler (secretario xeral do Grupo Adecco) abranguerá os aspectos xurídicos do novo escenario laboral: flexibilidade interna e despedimentos, modalidade contractual, negociación colectiva e Formación Profesional. Nela participarán José Antonio Menéndez Fernández-Kelly, socio laboral de Maio Legal; Borja González Elejabarrieta, avogado en Gómez Acebo e Pombo Avogados; e Patricia A. da Cunha Sousa, directora de Adecco Training en Asturias.
Logo, Margarita Álvarez, directora de Mercadotecnia e Comunicación do Grupo Adecco, presentará as conclusións do Informe Adecco sobre o Futuro do Traballo en España.
Entón pasarase á segunda mesa redonda na que directivos do mundo de RRHH falarán das novas políticas e tendencias en recursos humanos que se están a producir na actualidade. Participarán Jaime Cervera, director de Operacións Extel de Adecco Outsourcing, como moderador; así como os directores e directoras de Recursos Humanos Elena Rodríguez, director de Kaleido, Gabriel Miguel Rubio, director de RRHH de Levantina, Óscar Rodríguez, director de RRHH de Ledisson Automation e Santiago Vázquez, director de RRHH de R Cable e Telecomunicacións.

PUBLICIDADE