AOL pecha en Alemaña, Francia, Suecia e España

mércores, 13 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A norteamericana AOL, compañía de grande forza durante o boom da Internet, está agora e retroceso, e esta semana agardan prescindir de entre 1.200 e 1.400 traballadores para conter os seus gastos (aforrando así uns 200 millóns de dólares), pero internacionalmente tamén hai consecuencias desta reestruturación da empresa, e van pechar varias das súas delegacións europeas, sendo as primeira en caer as de Suecia e España, que estes días dirán adeus.
As oficinas de Francia e Alemaña tamén pecharán as súas portas, polo que parece evidente que sen o amparo de Time Warner a compañía debe reducir ao mínimo a súa estrutura para poder sobrevivir, pasando dos 19.000 empregados que tiña en 2006 a os 4.400 que pretende chegar en breve.

PUBLICIDADE