AMD e nVIDIA loitan polo USB 3.0

luns, 9 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Prototipo do novo USB 3.0

Antes de rematar o ano agardábase que comezasen a comercializarse dispositivos que empregasen a tecnoloxía USB 3.0, pero o peche de tal especificación está a ser conflitiva e Via Technologies, nVIDIA , AMD e outros fabricantes están a loitar por entrar no xogo, xa que parece que Intel está a levar o asunto de xeito illado, non dando as especificacións do novo estándar aos seus competidores, o que os forzaría a facer unha especificación paralela que dende AMD xa admiten que están a desenvolver.
O USB 3.0 pasaría da velocidade actual deste tipo de conexións (480 Mbps) a 4,8 Gbps, o que supón unha importante mellora, pero se Intel non publica as súas especificacións con tempo podería dominar este novo mercado durante varios meses, o que fabricantes como AMD e nVIDIA queren evitar.
De concretarse 2 desenvolvementos en paralelo poderían existir incompatibilidades que prexudicarían principalmente aos consumidores.

PUBLICIDADE