AJE Galicia e AJE Ferrolterra achegan un obradoiro de dixitalización e produtividade

venres, 14 de outubro do 2022 S. P.

Ao abeiro do seu convenio co IGAPE (Xunta) para a organización de actividades de apoio ao empremdemento e á transformación, AJE Galicia promove coa colaboración de AJE Ferrolterra un obradoiro sobre dixitalización e produtividade na empresa. O taller levarase a cabo nas instalación de entidade no Cantón de Molíns 8-9 en Ferrol, os días 18, 20, 24 e 26 de outubro en horario de 16.30h a 20.30h. No seu transcurso analizarase cada unha das empresas participantes para crear e mellorar a estratexia dixital das mesmas.
En concreto, trataranse e analizaranse temas como redes sociais, estratexias publicitarias dixitais, aplicacións móbiles para xestión de maneira dixital, técnicas de social selling, etc. O obxectivo desta formación é axudar ás empresas a crear e aplicar as súas estratexias online e tirar o máximo proveito dos produtos ou servizos. As inscricións son gratuítas e levaranse a cabo por rigoroso orde, tendo preferencia sempre os/as asociados/as de AJE Galicia e AJE Ferrolterra.
Máis información no 981 333 322 ou en aje@cofernet.com.

PUBLICIDADE