AJE Coruña convoca o Premio Emprende Coruña 2018
mércores, 31 de outubro do 2018
O Pazo de MarÃa Pita acolleu esta mañá a presentación
do Premio Emprende Coruña 2018, iniciativa impulsada pola Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da
Coruña (AJE Coruña) que conta co apoio do Concello da Coruña. O responsable
da área de Emprego e EconomÃa Social, Alberto Lema, puxo en valor esta XIX
edición da proposta, que recoñece os proxectos máis salientables do tecido
empresarial da provincia no presente exercicio, «asà como a valentÃa de todas
aquelas persoas que, no contexto actual, teñen a afouteza e a coraxe para idear
un proxecto empresarial, botalo a andar e traballar para a súa consolidación».
A este respecto, o concelleiro destacou a aposta definitiva pola innovación que
se está a dar no eido do emprendemento en Galicia e engadiu que «se revisamos a
lista dos Premios AJE dos últimos tempos, podemos observar como cada vez este
novo tipo de empresariado, que sabe que non existe presente nin futuro sen as
TIC, vai cobrando maior protagonismo. Nesa aposta pola innovación, contarán co
apoio do Concello da Coruña».
O Premio Emprende Coruña 2018, que repartirá máis de 27.000 euros entre os
galardóns, abre hoxe o prazo de presentación de candidaturas, que se manterá
aberto até o dÃa 29 de novembro. O requisito para poder optar a algúns dos dous
premios principais e tres accésit (Premio Novo Empresario, Premio AJE Junior,
Accésit RSC-Vegalsa Eroski, Accésit á creación de emprego Banco Sabadell e
Accésit á Innovación) é que o capital social das empresas candidatas deberá
estar participado nun 25% como mÃnimo por persoas fÃsicas menores de 41 anos.
Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar o 29 de novembro en Fincas
Montesqueiro.