AIMC reúne a meirande mostra de internautas para a súa décima enquisa Navegantes na Rede

martes, 12 de febreiro do 2008 Raquel Noya

O vindeiro mércores 20 de febreiro vai ter lugar no Hotel Wellington de Madrid a presentación da 10ª Enquisa a Usuarios de Internet Navegantes na Rede, un estudo levado a cabo a partir da meirande mostra do mercado español reunida até o momento para unha investigación neste eido e que se considera de gran utilidade para coñecer cara a onde se dirixe o comportamento do internauta e como se relaciona o mesmo a través da Rede.
O estudo, levado a cabo pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), reuniu preto de 50.000 respostas válidas e incorporou novas áreas de investigación contrastadas co crecente interese do cidadán de a pé pola evolución deste medio: os mundos virtuais, a radio á carta, Internet como fonte de información de actualidade e os programas P2PTV.
Para esta edición, AIMC contou co patrocinio de ODEC e coa colaboración de Páxinas Amarelas e de ARGO Redes e Servizos Telemáticos así como con outros preto de 200 sitios en Internet.

PUBLICIDADE