AGAL e CIG-Ensino organizan un curso de portugués en liña

luns, 12 de setembro do 2011 Fernando Sarasketa

A Associaçom Galega da Língua, en parcería con o sindicato CIG-Ensino, vai organizar os vindeiros días un curso on-line de português, actividade encamiñada para facilitar o máximo a formación das e dos internautas interesadas/os en estreitar relacións de todo tipo, social, educativa ou económica, co noso país irmán. O curso, que ten unha duración de 30 horas, dará comezo o vindeiro 24 de outubro e rematará o 3 de novembro, ambas xornadas incluídas. Por certo que o período para inscribírmonos ficará aberto até o 23 de outubro.
Para dármonos de alta, cómpre crear primeiro unha conta na plataforma formativa da CIG-Ensino, cousa que pode ser formalizada a través do sitio dixital da mesma e a un prezo de 10 euros para afiliadas e afiliado e de 50 para o resto. O curso, que achega un total de 250 vacantes dispoñíbeis, computa “a efeitos de sexénios e transferências de centro de trabalho”, informa AGAL. A actividade ten carácter de introdución ao portugués de Portugal e Brasil.

PUBLICIDADE