AGACA impulsa o apoderamento das mulleres cun obradoiro de comunicación, redes socias e risoterapia

martes, 7 de setembro do 2021 S. P.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa en 2021 as accións encamiñadas ao apoderamento das mulleres cun obradoiro de balde de catro sesións, que se celebrará en liña en horario de 10:00 a 14:00 h.
A primeira sesión, o 16 de setembro, céntrase en cooperativismo e en Nós, As Mulleres, a Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.
A sesión do 23 abordará cuestión relacionadas coa nova comunicación, tema que continúa na sesión do día 30, que se centrará en manexo básico de redes sociais. Pablo López, da consultoría Implicatum, falará sobre a primeira cuestión e Danie Diéguez, da cooperativa Apoio, sobre redes sociais.
O obradoiro conclúe 7 de outubro, coa temática da automotivación, que se desenvolverá mediante unha sesión de risoterapia a cargo de Irene Megina, da Escuela de Risoterapia de Madrid.
As persoas interesadas poden matricularse na web da asociación ou, para más información, chamar ao 981 58 47 83.
O obradoiro encádrase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

PUBLICIDADE