ABC News para iPad aposta pola orixinalidade para a súa interface de uso

mércores, 21 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A canle de televisión norteamericana ABC vén de publicar na App Store unha aplicación de balde para o iPad que facilita a consulta de novas que destaca por organizalas dun xeito bastante orixinal: colocando imaxes que as representen nunha esfera.
Podemos movernos sobre a superficie do globo no que aparecen as novas, que poden filtrase por categoría, e picando sobre as mesmas podemos acceder á súa versión completa. Tamén hai un apartado cos vídeos publicados na web da ABC. A interacción cos contidos publicados a través de ABC News for iPad é bastante curiosa, pois o usuario pode xirar a esfera na que aparecen co dedo, pero tamén é posible axitar o iPad para mesturar os artigos e vídeos.

As novas completas poden lerse comodamente en ABC News for iPad
A aplicación de ABC para iPad tamén permite a visualización de vídeos

PUBLICIDADE