A xornada XTdT, éxito de contidos e público

luns, 16 de outubro do 2017 Redacción

Finalmente a Xornada Transformación Dixital e Talento (XTdT), organizada este 16 de outubro polo CPEIG e AMTEGA para impulsar ideas e propostas novas a partir de ideas e propostas previas de éxito (presentadas por relatores de primeiro nivel), resultou ser todo un éxito, tanto no que se refire a contidos (moitos, variados e de valor) como no número total de persoas participantes, máis dun centenar. En palabras da organización, foi unha cita de primeiro nivel coa sabedoría e coas ganas de aprender. Celebrouse na Cidade da Cultura e foi inaugurada por Mar Pereira (AMTEGA) e Fernando Suárez (CPEIG). Os relatores deron a coñecer esclarecedores casos de éxito.
Os relatores que participaron no encontro foron Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, co-fundador e director executivo de Cyberclick.
A xornada, dirixida ao público en xeral e en particular a estudantes universitarios, contou coa presenza do mago mentalista Javier Luxor, que oficiou de animador-condutor do encontro TIC.

PUBLICIDADE