A web do Concello de Baltar, no punto de mira da CiberIrmandade

venres, 17 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

Se os gobernos locais galegos non empregan a lingua dos cidadáns a quen representan nas súas achegas na Rede, entón cara a quen se dirixen? Sobre esta pregunta baséase a nova iniciativa de protesta en liña da CiberIrmandade da Fala, plataforma galega a prol da promoción da nosa lingua na Sociedade do Coñecemento. Máis polo miúdo, a nova protesta diríxise cara ao Concello de Baltar, que a xulgar polos idiomas ofrecidos na súa páxina (unicamente o castelán) parece non ter en conta que tamén é responsabilidade dos gobernos locais empregar e preservar a lingua dos seus cidadáns. En palabras da propia CiberIrmandade, “estamos ante unha falta de respecto polo idioma que fala a inmensa maioría dos habitantes, plasmándoa na súa ausencia na web institucional que enumera tódolos atrativos deste fermoso concello”.
Deste xeito e como vén sendo habitual neste tipo de casos, o colectivo galego xa puxo en marcha unha prego de disconformidade para que a comunidade internauta galega teña ocasión de adherirse á requerimento para a solución do problema.

PUBLICIDADE