A web da CiberIrmandade, aberta á participación activa dos lectores

martes, 15 de maio do 2007 Fernando Sarasketa

A CiberIrmandade vén de abrir as portas á comunidade internauta galega, con todo o que implica. Ou sexa: agora non só publicarán contidos os propios xestores da web, senón tamén os mesmos lectores. “Pretendemos con isto optimizar os nosos recursos”, sinala a CiberIrmandade, “ofrecéndoche a posibilidade de que ti, directamente, escribas no web”. O colectivo galego (que leva dez anos dedicando unha boa parte dos seus esforzos a reforzar a presenza da nosa lingua na Sociedade do Coñecemento), aproveita deste xeito para presentar a súa nova páxina web, unha proposta que xorde do espírito participativo e de cooperación ó que semella abocada (se temos sorte) a Internet enteira.
Dende o nacemento da CiberIrmandade”, comentan, “estivemos en constante renovación; dende o web estático, fomos incorporando foros, galería de imaxes, ferramenta de tradución on-line, wiki, e un xestor de contidos para o web principal”. Estamos polo tanto ante consecuencia natural deste proceso de apertura ó mundo.

PUBLICIDADE