A web cumpre 20 anos

luns, 8 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O primeiro servidor web, un NeXT instalado no CERN

O 6 de agosto de 1991 remitiuse un pequeno resumo do proxecto de Tim Berners-Lee coñecido coma Word Wide Web ao grupo de novas alt.hypertext, no que está considerado como o comezo público da web (xa que o proxecto xa botara a andar en 1989) de aí que podamos entender que a pasada fin de semana a nosa coñecida web cumpriu 20 anos.
A primeira páxina web foi publicada no enderezo http://info.cern.ch/hypertext/WWW/TheProject.html e aínda é posible consultar unha copia da mesma (realizada en 1992), bastante parco, e que algúns tamén consideran como o primeiro blog , pese a que o termo non fose acuñado ata 1997 (na forma weblog).
Pero que hai 20 anos botase a andar de xeito público o primeiro servidor web non fixo que se convertese nun éxito instantáneo, senón que ata 1993 non se espallou o uso desta tecnoloxía coa estrea do navegador Mosaic, ao que despois seguirían o Netscape Navigator e o Internet Explorer, que moitos entenden como a fiestra que lles abriu o acceso á Rede.

PUBLICIDADE