A veciñanza ribeirense pode realizar online as autoliquidacións de dous novos impostos

mércores, 4 de setembro do 2019 Redacción

A implantación da Administración Electrónica no Concello de Ribeira deu un novo paso a través da incorporación da posibilidade de obter, vía online, as autoliquidacións dos impostos locais do ICIO (imposto sobre instalacións, construcións e obras) e do IVTM (imposto de vehículos de tracción mecánica). Estas dúas opcións xa están dispoñibles no portal dixital do Concello https://ventanilla.riveira.es/ no apartado Autoliquidacións.
Mediante esta operación, o cidadán cuantifica a cantidade dun tributo que ten que pagar e o reflicte no correspondente documento.
Súmanse a outras seis posibilidades xa existentes, coma eran as de autoliquidar taxas polo cambio de titularidade en aperturas, dereitos de exame, informacións urbanísticas, licencias de primeira utilización, expedición de licencias para taxi ou cemiterio e ocupación de subsolo, solo ou voo. O Concello salienta a utilidade da autoliquidación telemática do ICIO, xa que “axiliza uns trámites complexos”.

PUBLICIDADE