A veciñanza de Dodro recibirá formación en Administración Dixital o día 1 de marzo, no Consistorio

venres, 24 de febreiro do 2023 S. P.

O Concello de Dodro e a Subdelegación do Goberno na Coruña, van organizar este mes de marzo unha xornada para achegar á veciñanza ás vantaxes da Administración Dixital, beneficios que se manifestan nunhas meirandes axilidade e seguridade nos trámites e, tamén, na posibilidade de levar a cabo tramitacións e comunicacións dunha maneira máis cómoda que evite desprazamentos innecesarios.
A xornada, abeirada ao programa A Administración preto de ti, celebrarase este mércores 1 de marzo no salón de plenos do Concello de Dodro (a partir das 11.30 horas). Contarase coa presenza de traballadores da Subdelegación que mostrarán como empregar a Administración Electrónica e como formalizar operacións e xestións coas institucións públicas a través das novas ferramentas. Ademais, resolverán as dúbidas da cidadanía nesta materia e axudarán ás persoas asistentes a obter o certificado dixital e a Cl@ve permanente para facilitar a interrelación rápida, cómoda e segura coas administracións públicas.
A Administración preto de ti
A iniciativa A Administración preto de ti foi posta en marcha na Coruña a finais do pasado, no concello de Valdoviño. O programa itinerante xa percorreu dende novembro 44 dos 67 municipios coruñeses aos que ten previsto chegar. En cada unha destas visitas tramítase o certificado dixital in situ das persoas que acoden. En total, durante estes meses tramitáronse xa 603 certificados dixitais e atendido a 727 persoas.
Cada semana, persoal técnico da Subdelegación do Gobierno desprázase a concellos da provincia, con menos de 8.000 habitantes, onde informa, orienta e liquida todas as dúbidas da cidadanía sobre os servizos dixitais aos que pode acceder.
Oportunidade única
A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, animou recentemente a todas as veciñas e veciños dos concellos aos que chegue este programa que acudan xa que se “trata dunha oportunidade única para tramitar o certificado dixital, ferramenta clave para poder realizar infinidade de trámites administrativos sen necesidade de desprazarse fóra do domicilio co consecuente aforro de tempo e tamén de diñeiro que isto implica”.
María Rivas incidiu tamén na importancia de dotar de ferramentas dixitais á cidadanía dos concellos máis pequenos para que “poidan realizar desde os seus domicilios trámites básicos como prestacións, pagos de taxas públicas, permisos de conducir ou certificados de vida laboral entre outros”.
María Rivas lembrou que, aínda que na actualidade “as novas tecnoloxías permiten aos cidadáns acceder a multitude de trámites en liña e procedementos electrónicos, este acceso á administración dixital require de medios e coñecementos adecuados no uso de ferramentas tecnolóxicas, algo que a parte da poboación de maior idade resúltalle máis difícil”. Por iso é polo que programas como A Administración preto de ti axuden a resolver parte destas dificultades, dixo.
Durante esta semana A Administración preto de ti visitou os concellos de Lousame o 22 de febreiro, A Baña, o día 23 de febreiro, e Pontedeume o 24 de febreiro.

PUBLICIDADE