A sede de FEUGA acolle este xoves unha xornada sobre o potencial competitivo da transferencia tecnolóxica

martes, 20 de maio do 2014 Redacción

A Factoría de Innovación da Coruña vai amosar este xoves 22 de maio diferentes oportunidades de impulso tecnolóxico para as nosas empresas, oportunidades que chegan dende mans especializadas e experimentadas (precisamente) en impulso innovador: as dos investigadores dos nosos centros de I+D. O encontro, que se celebra ás 18.00 horas no edificio FEUGA de Santiago, diríxese pois a avaliar o impacto da transferencia tecnolóxica nas pequenas e medianas empresas, e compartir as claves para o seu desenvolvemento. A xornada desenvólvese baixo o seguinte epígrafe: Tecnoloxía, creación, posta en marcha e protección. Está organizada pola Factoría en colaboración do Clúster TIC Galicia.
Segundo informa máis en detalle a organización, a principal finalidade do evento é amosar ás PEME “as potencialidades que brinda a transferencia tecnolóxica para facelas máis competitivas e facilitarlles o contacto cos centros de coñecemento, cos que poden establecer sinerxías que contribúan ao desenvolvemento e posta en marcha de proxectos innovadores”.
Durante o encontro celebrarase un showroom tecnolóxico, no que a Fundación CETIM exporá algúns exemplos prácticos de traballos levados a cabo grazas á colaboración axente de coñecemento-empresa. Asemade, desenvolverase unha mesa redonda na que representantes de Tórculo Comunicación Gráfica, Outro Enfoque e Recursos e Servizos Xerontolóxicos Galegos compartirán cos asistentes as súas experiencias neste ámbito.

Programa da xornada
17:45h. Rexistro de asistentes - Presentación da xornada
18:00h. Sesión 1: Como converterse nunha empresa competitiva grazas á transferencia de tecnoloxía. O impacto da transferencia tecnolóxica na PEME
Rodrigo Ibáñez. Oficina técnica da Factoría de Innovación da Coruña
18:30h. Sesión 2: Licenza e propiedade intelectual
José María Ameijenda. Ameijenda Avogados
19:00h. Café networking
19:15h. Sesión 3: Showroom de tecnoloxía
Adrián Rodríguez. Fundación CETIM
19:45h. Mesa redonda de empresas de base tecnolóxica
- Ángeles Montecelo. Tórculo Comunicación Gráfica
- Ramón Corujo. Outro Enfoque
- María José Fares. Recursos e Servizos Xerontolóxicos Galegos s.l
20:30h. Peche da xornada

PUBLICIDADE