A sala do Galiverso medra para poder recibir máis visitas
luns, 12 de decembro do 2022
O Galiverso, proxecto de realidade virtual, impulsado pola ConsellerÃa
de Cultura, Educación, FP e Universidades, recibiu 40 visitantes de media cada
dÃa dende o pasado 20 de outubro, que puideron gozar da ducia de experiencias
de realidade virtual que se ofertan no Museo Centro Gaiás.
A sala do Galiverso dispón actualmente de tres postos con
cadanseu equipo de realidade virtual, que poden operar á vez, aÃnda que cada
visitante vive a experiencia de maneira individual. O acceso á instalación é de
balde, en horario de tarde de martes a domingo e tamén polas mañás nas fins de
semana e festivos, agás os luns. Cada sesión dura uns 20 minutos, durante os
cales é posible vivir unha ou varias das experiencias.
Ante a boa acollida que está a ter a iniciativa, a
Cidade da Cultura trasladará o Galiverso ao andar -1 do Museo do 2 ao 5 de
xaneiro ampliando o número de postos de realidade virtual até 15 (unhas 275
visitas potenciais cada dÃa) e tamén o abano de idades que poden acceder á
instalación.
Galiverso de Nadal
Como parte da programación de Nadal no Gaiás,
haberá unha nova experiencia adaptada
para nenas e nenos de 6 a 11 anos, que terá unha duración menor (cinco minutos
aproximadamente) atendendo ás recomendacións de uso da realidade virtual para
estas idades. Nela, os máis pequenos poderán entrar na casa do Apalpador para
fisgar como vive esta figura mÃtica do Nadal galego.
A cativada de 12 anos en adiante poderá acceder a todo o
Galiverso, e coñecer asà a través duns lentes de realidade virtual e
recreacións de imaxe e vÃdeo de gran detalle, algúns dos monumentos, espazos
naturais e lugares de gran valor cultural, histórico e turÃstico das catro
provincias galegas.
Contemplar o solpor en Fisterra, as vistas da Coruña desde o
cumio da Torre de Hércules ou o canón do Sil desde as alturas forman parte do
catálogo actual de experiencias que se poden vivir no Museo Centro Gaiás. Tamén
internarse na cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela, nos mosteiros de
Santa MarÃa a Real de Oseira e de Santo Estevo de Ribas de Sil, na torre de Xiá
en San Paio de Narla, no templo romano de Santa Baia de Bóveda ou nunha palloza
no Cebreiro, e percorrer a ponte romana de Ourense, a muralla de Lugo ou os
tellados da Catedral de Tui.
Un Galiverso máis grande para 2023
Ademais desta edición especial de Nadal, o Goberno galego
ten previsto en 2023 crear máis puntos de entrada ao Galiverso en bibliotecas e
museos de titularidade autonómica, e expandir as súas fronteiras fóra de
Galicia. Na Cidade da Cultura tamén se engadirán novas experiencias
interactivas que procurarán ir máis aló da recreación virtual de lugares para
visitar.
O Galiverso vincúlase dun xeito especial co futuro Centro de
Artes Dixitais de Galicia que acollerá o Gaiás, un centro pioneiro en España
que permitirá ampliar os modos nos que o público se relaciona co patrimonio e
impulsar o desenvolvemento de actividades innovadoras de apoio á creación
dixital nas industrias culturais e creativas.