A revista británica NRevolution podería botar o peche o mes que vén

venres, 28 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Portada do número de novembro de NRevolution

Pese a que falta unha confirmación oficial por parte da compañía editora (e a nova orixinal sobre o asunto foi retirada da web) parece ser que a revista de videoxogos británica NRevolution podería deixar os quioscos o vindeiro día 11 de decembro, cando lanzaría o seu número 30, que sería o último, pese a que trata en exclusiva as populares consolas de Nintendo, o que parece non ser suficiente para superar a crise que están a vivir as publicacións impresas sobre videoxogos (lembremos os rumores de peche da norteamericana EGM).
De confirmarse a desaparición desta cabeceira de prensa poderiamos dar por iniciada a tempada outonal nos medios impresos de videoxogos, que posiblemente se vexan abocados a reducir a súa presenza en papel e apostar máis firmemente pola Internet, medio moito máis acorde co sector dos videoxogos.

PUBLICIDADE