A revista Sports Illustrated distribúe lentes de realidade virtual co seu especial de traxes de baño

luns, 15 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

A revista norteamericana Sports Illustrated procura estar sempre á cabeza das tendencias, de xeito que adaptouse a tabletas antes do lanzamento do iPad, lanzou número especial con fotografías que había que ver con lentes 3D e agora, seguindo a mesma senda innovadora, achega un novo número do seu anual especial de traxes de baño cunha experiencia de realidade virtual que pode experimentarse co apoio da súa aplicación móbil (dispoñible para iOS e para Android) que permite revivir algunhas das súas sesións fotográficas cun detrás das cámaras inédito, xa que presenta as escenas en vídeo de 360 graos, somerxendo ao lector en paisaxes exóticos nos que posan as modelos Nina Agdal, Hannah Davis e Irina Shayk.
Estes contidos producíronse en colaboración con Wevr, unha compañía especializada en crear contidos de realidade virtual, que tivo que encarar un grande reto para trasladar a unha nova linguaxe todo un clásico dos quioscos norteamericanos que chega a uns 60 millóns de lectores cada ano. Os contidos producíronse durante varios días na República durante a gravación das sesións fotográficas e de vídeo do célebre especial anual da revista.
Para poder gozar da realidade virtual de Sports Illustrated é preciso introducir o smartphone coa aplicación da revista nun cartón semellante ao de Google, que se distribúe coa revista, o que podería supor un factor moi importante á hora de achegar a realidade virtual ao grande público.
Este novo número de Sports Illustrated ten unha tiraxe de medio millón de exemplares físicos que véndense a uns 10 dólares, o que supón un incremento dun par de dólares sobre o prezo habitual, o que enténdese que é consecuencia da inclusión do cartón de realidade virtual coa revista. Os usuarios que non conten con lentes de realidade virtual tamén poden experimentar cos vídeos de 360 graos, aínda que con vídeos planos, en vez da súa versión estereoscópica inmersiva.

A aplicación móbil da revista xoga un papel fundamental na experiencia de realidade virtual
Valéndonos das lentes de cartón incluídas coa revista podemos gozar dos vídeos de 360 graos de xeito inmersivo

Vídeo promocional da experiencia inmersiva do especial de traxes de baño deste ano

PUBLICIDADE