A revista NACC estrea nova presenza dixital

venres, 3 de maio do 2013 Redacción

A revista NACC , nova formulación de Acta Científica Compostelana editada dende 1964, vén de estrear unha nova andaina no portal dixital de revistas da universidade compostelá, o portal RevUSC, baixo a co-dirección dos profesores Mª Jesús Aira e Marcos González e incluíndo entre outras novidades unha nova feitura. A publicación, como lembraremos, é anual, edítase en castelán, galego e inglés e dedícase sobre todo a achega e divulgación de traballos de investigación sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía, abríndose tamén o abano cara outros eidos relacionados coa bioloxía.
O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, salienta como importante novidade que a revista non se edita como un todo senón que vai publicando os traballos unha vez revisados e aprobados polos avaliadores externos, “dando así resposta á necesidade de inmediatez na comunicación do coñecemento científico”, informa.

PUBLICIDADE