A reprodución multimedia en Chrome poderase controlar co teclado

venres, 8 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Para o mes que vén está previsto o lanzamento da versión 73 de Google Chrome, navegador web que será o primeiro en incorporar o uso da Media Session API, ou sexa, que aproveitará os botóns de reprodución multimedia presentes nos teclados de moitos ordenadores de escritorio e portátiles.
A nova funcionalidade chegará inicialmente ás versións de Chrome para Windows, macOS e Chrome OS (aínda non se fixou a súa data de incorporación a Linux) e permitirá que os usuarios do navegador web poidan controlar audio e vídeo empregando as teclas de reproducir, pausa, pista anterior, pista seguinte, avanzar e retroceder, deste xeito, será posible, por exemplo, manexar a reprodución de vídeos de YouTube a través do teclado do noso equipo.
Unha vez incorporada esta API a Chrome é de esperar que outros navegadores web fagan o mesmo.

PUBLICIDADE