A publicación con máis gústames de Instagram é de Leo Messi

xoves, 22 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Hai preto de 3 anos comentamos como a fotografía dun ovo logrou conseguirse na imaxe con máis gústames en Instagram, como parte dunha campaña para que Kylie Jenner perdese o liderado na plataforma con 18 millóns de gústames nunha instantánea. Naquel momento a imaxe do ovo conseguira superar os 34 millóns de gústame, converténdose en líder absoluto, pero continuou medrando até os máis de 58 millóns de gústames que ostenta actualmente, pero estes días non foi precisa ningunha campaña para superar tal marca, xa que de xeito totalmente orgánico o carrusel de fotografías de Leo Messi celebrando que Arxentina gañou o Mundial de Fútbol de Catar conseguiu superar os 72 millóns de gústames, algo que será difícil de superar a vindeira ocasión.
Resta agora ver se os usuarios que no seu día apoiaron a fotografía do ovo teiman na súa idea de non deixar que unha celebridade sexa quen ten o record de gústames en Instagram, e organizan unha nova campaña para que o ovo recupere a súa coroa na plataforma social.

PUBLICIDADE