A provincia de Pontevedra acolle en novembro novos obradoiros SmartPEME

luns, 31 de outubro do 2016 Redacción

Neste mes de novembro proseguirá na provincia de Pontevedra o proxecto SmartPEME, un programa de asesoramento no eido das TIC da institución provincial encamiñado ás persoas emprendedoras e ás PEME (Pequenas e Medianas Empresas) da provincia pontevedresa. Para acadar isto, nas oficinas SmartPEME do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo poranse en marcha diversas actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores segundo as necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Cómpre informar que todas as actividades terán lugar en horario de 19 horas e o teléfono de inscrición é o 886 20 20 20.
Indo por partes, Pontevedra acollerá no Edificio Administrativo da Deputación seis obradoiros: o xoves 3 de novembro, Sácalle partido á túa conta de Gmail. O luns 7, Saca as túas fotografías para o comercio electrónico. O xoves 10, Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing. O xoves 17, a Google Analytics: Iniciación á analítica web. O venres 25, A túa páxina web con WordPress (continuación), e o mércores 30, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa. A oficina SmartPEME de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na rúa Gran Vía de Montero Ríos, s/n.
En canto á oficina de Ponteareas, esta acollerá os seguintes obradoiros: o xoves 3 de novembro, Xestiona o teu negocio dende o móbil. O luns 7, Sácalle partido á túa conta de Gmail. O venres 11, Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais. O martes 15, Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. O mércores 23, Crea unha nube de información privada para a túa empresa e o día 28 será a quenda de Fotografía e vídeo para establecementos de turismo.
A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase na rúa Lomba do Cruceiro, nº 5.
No caso da oficina do Porriño, acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 2 de novembro, Fotografía de produto: especial sector téxtil. O venres 4, Facebook Ads. O martes 8, Google Analytics: iniciación á analítica web. O xoves17, Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais. O luns 21, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa e a última quenda será a de Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO, o luns 28.
A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
A oficina de Vigo ofertará os seguintes obradoiros: o mércores 2 de novembro, Rendibiliza o teu perfil profesional nas redes sociais. O mércores 9, Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS. O venres 11, Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite. O xoves 17, Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas aos pagamentos. O martes 22, Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl e, por último, A túa páxina web con WordPress, o luns 28. A oficina SmartPEME de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, nº 3.
No viveiro de empresas do Polígono Lalín 2000, o xoves 3 de novembro impartirase o obradoiro Crea unha nube de información privada para a túa empresa. O xoves 10, Sácalle partido á túa conta de Gmail. O venres 18 será a quenda de Xestiona o teu negocio dende o móbil, e o luns 21, Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio. O mércores 23, Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e, por último, Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite, o martes 29.
A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
O Centro ExpoSalnés de Cambados, impartirá o mércores 2 de novembro, Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO. O martes 8, Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. O luns 14, Fotografía de produto: especial sector téxtil. O mércores 16, Profundizamento nas ferramentas: Google Apps avanzado. O luns 21, Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e, por último, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa, o mércores 29. A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.

PUBLICIDADE