A pontevedresa LucÃa RodrÃguez Peña gaña o concurso de postais de Nadal do CPEIG
venres, 20 de decembro do 2019
Como
cada ano por estas datas, o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en
Informática de Galicia (o CPEIG) quere celebrar as festas do remate
do ano cun certame para estimular a creatividade das nenas e nenos: o
concurso de postais de Nadal do CPEIG. Pois
ben, hoxe mesmo a entidade profesional que preside Fernando Suárez
deu a coñecer a identidade da persoa gañadora desta oitava
convocatoria: a pontevedresa LucÃa RodrÃguez Peña, de 13 anos,
que participou co seu deseño na categorÃa B, a dirixida a rapazas e
rapaces de entre 13 e 18 anos. O xurado votou por unanimidade pola
súa creación, que pasará, como é costume, a converterse na postal
institucional de felicitacións do CPEIG para estas festividades.
A
postal de LucÃa foi presentada polo seu pai, o colexiado Manuel
RodrÃguez Salgado. O debuxo mostra unha pantalla do Scratch, un
programa moi utilizado actualmente en educación, na que os botóns
aparecen representados polos bos desexos do Nadal: traballo, paz,
amor, saúde, felicidade, amizade ou alegrÃa e a tradicional
felicitación de Bo Nadal. A pequena tamén engadiu un detalle
referente á oitava edición do concurso, escribindo CPEIG 8.0 no
encabezado.
Como
dixemos, o traballo de LucÃa será a postal oficial coa que o CPEIG
felicite as festas do Nadal este ano, acompañada da lenda: Recibe
os nosos mellores desexos para este Nadal e o novo ano 2020 que
comeza. De agasallo a rapaza recibirá uns auriculares sen fÃos.
Ademais,
nesta edición do concurso creáronse dúas modalidades de
participación, a categorÃa A para nenos de 3 a 12 anos, e a
categorÃa B para rapaces de 13 a 18 anos. Asà pois, o gañador da
categorÃa A foi Candela Santiago, unha nena de Ames de nove anos de
idade que recibe de premio unha tableta.