A partir de xaneiro o BOE só se poderá consultar na web

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O vindeiro 1 de xaneiro o Boletín Oficial do Estado (BOE) pasará páxina de cesará da súa impresión, distribución e venda en formato papel, acadando a súa edición electrónico plena validez xurídica conforme establece o artigo 13 do Real Decreto 181/2008 do 8 de febreiro, mentres que o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) tamén fará o propio atendendo ao artigo 5 do Real Decreto 1979/2008 do 8 de decembro.
Os diarios oficiais estatais só contarán con reproducións impresas destinadas á súa conservación e custodia, mentres que os cidadáns deberán consultalos a través das súas páxinas web, onde estarán accesibles diariamente e de balde.
A partir do 1 de xaneiro de 20009 quedarán canceladas non só as edicións en papel do BOE e do BORME, senón tamén os CD de IBERLEX, MAPLEXTER, CD BOE, Jurisprudencia Constitucional, BOE e BORME en microfichas, quedando a web como única plataforma de consulta oficial. As persoas que desexen arquivar os contidos do diario oficial en soporte externo á web poderán adquirir un DVD que se editará ao remate de cada ano, que se editará mentres exista a demanda suficiente deste produto.
Na web do diario tamén se pode ler un anuncio que se concreta na frase «o BOE pasa páxina… e nos adaptamos aos novos tempos» concretándose que «a partir do 1 de xaneiro, o noso papel segue na Internet».

PUBLICIDADE