A oficina móbil de transformación tecnolóxica da Deputación de Lugo vaise de xira polos concellos

mércores, 13 de setembro do 2023 S. P.

A Deputación de Lugo puxo en marcha unha oficial móbil para fomentar a transformación tecnolóxica do tecido empresarial dos concellos. Fíxoo a través do seu presidente, José Tomé, que presentou este mércores 13 de setembro os detalles da unidade, abeirada ao programa estatal Acelera Pemes. Trátase, dixo, “dunha medida que reforzará o asesoramento gratuíto en materia de transformación dixital que vén ofrecendo a institución provincial dende hai seis meses a empresas e autónomos da provincia a través de Acelera Pemes, que impulsa en colaboración co Goberno do Estado”.
A oficina móbil arrancou este mércores o seu percorrido na Mariña, prestando servizo a empresas e autónomos do Valadouro, Lourenzá e Mondoñedo, e continuará a súa actividade ata finais de novembro.
Este vehículo aliméntase de placas solares que subministran a enerxía necesaria para o funcionamento dos equipos informáticos e da iluminación. Así mesmo, cóntase cun sistema de reciclado da auga de lavado, o que contribúe á reciclaxe do 100% da auga que usa e á redución ata nun 94% da presenza de hidrocarburos. “Trátase dunha aposta polo aforro enerxético e o coidado do medio ambiente, na liña de favorecer a sostibilidade pola que aposta a Deputación”, sinalou o presidente, engadindo que “esta modalidade que inauguramos hoxe permitiranos chegar mellor ao noso rural e apoiar máis de preto aos proxectos empresariais cunha atención personalizada”.
Tomé lembrou que dende o inicio do Acelera Pemes hai medio ano xa recibiron apoio máis de 1.200 empresas da provincia, o que dá boa conta “do enorme interese que está xerando no tecido produtivo esta iniciativa”, dirixida a axudar ao empresariado e ás persoas autónomas a que aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio.
Coa oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén desenvolvendo no marco deste proxecto co traballo de 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Neses encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios.
O programa Acelera Pemes está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€) da propia Deputación de Lugo.

O calendario completo da oficina móbil

Mércores, 13 de setembro:
O Valadouro -10.30 horas
Lourenzá – 12.30 horas
Mondoñedo – 16.00 horas</p

Venres, 15 de setembro:
Riotorto – 10.30 horas
A Pontenova – 12.00 horas
Meira – 16.00 horas
Pol – 17.30 horas

Luns, 18 de setembro:
Bóveda – 10.30 horas
Monforte de Lemos– 12.30 horas

Martes, 19 de setembro:
Ribeira de Piquín – 10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Baleira – 16.00 horas

Mércores, 20 de setembro:
Láncara – 10.30 horas
O Páramo – 12.30 horas
O Corgo – 16.00 horas

Luns, 25 de setembro:
Carballedo – 10.30 horas
Chantada – 12.30 horas
O Saviñao – 16.00 horas
Taboada – 18.00 horas

Martes, 26 de setembro:
Abadín -10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Cospeito – 16.00 horas

Xoves, 28 de setembro:
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Barreiros – 16.00 horas

Martes, 3 de outubro:
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas

Luns, 9 de outubro:
O Incio – 10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas

Martes, 10 de outubro:
Friol – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Begonte – 16.00 horas

Luns, 16 de outubro:
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá -12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas

Martes, 17 de outubro:
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas

Xoves, 19 de outubro:
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas

Martes, 24 de outubro:
Ribadeo - 10.30 horas
Trabada – 12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas

Xoves, 26 de outubro:
Monterroso - 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas
Guntín – 16.00 horas

Martes, 7 de novembro:
Muras – 10.30 horas
Vilalba – 12.30 horas
Xermade – 16.00 horas

Xoves, 9 de novembro:
A Pobra do Brollón – 10.30 horas
Pantón – 12.30 horas

Martes, 14 de novembro:
Cervo – 10.30 horas
Burela – 12.30 horas
Ourol – 16:00 horas

Xoves, 16 de novembro:
Antas de Ulla – 10.30 horas
Palas de Rei – 12.30 horas

Martes, 21 de novembro:
Paradela – 10.30 horas
Sarria – 12.30 horas
Sober – 16.00 horas

Xoves, 23 de novembro:
Rábade – 10.30 horas
Outeiro de Rei – 12.30 horas

PUBLICIDADE