A oferta converxente de Vodafone renóvase

mércores, 8 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Vodafone España presenta a súa nova oferta converxente Vodafone One, que inclúe móbil, fixo, fibra e televisión, coa rede 4G máis rápida e a velocidade real da Fibra Ono, e estará dispoñible dende o 15 de xullo.
Os novos clientes gozarán das velocidades de 300, 120 e 50 Mbps (dispoñibles sobre Fibra Ono) e até 30 Mbps (só para VDSL), mentres que as de 60 e 200 Mbps desaparecen. Ademais, en móbil os volumes de datos de Vodafone One M e Vodafone One L increméntanse en 1 GB até os 3 GB e os 5GB, respectivamente.
Todos os paquetes de Vodafone One inclúen chamadas ilimitadas a fixos nacionais e 60 min/mes a móbiles a calquera operador nacional e acceso á maior rede de WiFi do mercado español.

Nova oferta

Os novos prezos redúcense, até en 2 euros ou mantéñense nos plans que non cambian o volume mensual de datos móbiles dispoñibles (Vodafone One S).
Os prezos dos plans nos que se incrementa en 1 GB o volume mensual de datos móbiles dispoñibles (Vodafone One M e Vodafone One L) non cambian ou axústanse lixeiramente (con baixadas de 1 euro ou subas de 1 ou 2 euro).

Só fibra ou só ADSL

Por outra parte, os Clientes que só necesiten Fibra ou Internet até 30 Mbps (sen móbil) beneficiaranse dun prezo vantaxoso durante os 12 primeiros meses. Por exemplo Internet até 30 Mbps custará 36,05 euros ao mes durante os 12 primeiros meses (43 euros/mes despois da promoción) e Fibra Ono 300 Mbps por 51,05 euros/mes durante os 12 primeiros meses (59 euros/mes despois da promoción).

Segundas liñas

Vodafone One permite contratar +Líneas (segundas liñas) e +Líneas Compartidas (só con One M e One L). O plan +Líneas L inclúe 1 GB máis ao mes tanto para novos coma para Clientes de carteira, pasando de 4 a 5 GB ao mes, sen incrementar o seu prezo.

Clientes pioneiros

Por outra banda, os clientes pioneiros de Vodafone One M e L, e + Liñas L verán aumentado en 1GB/mes os seus datos móbiles mantendo o prezo co que contrataron. Tamén seguirán gozando dos 300 Mbps de Fibra Ono ao prezo de 200 Mbps.

Vodafone TV, a Televisión Intelixente

Vodafone One pódese completar con Vodafone TV, a Televisión Intelixente compatible coa Fibra Ono.
Vodafone TV Esencial con máis de 70 canles imprescindibles (FOX HD, AXN HD, TNT HD, Canle Hollywood HD,Disney XD HD, entre outros) pódese gozar de forma totalmente gratuíta con calquera paquete de Vodafone One L.
Vodafone TV inclúe as funcionalidades máis avanzadas do mercado audiovisual en España:
Plataforma coa máis ampla oferta do mercado en canles HD de alta calidade que inclúe até 55 canles.
- Un sistema de gravación intelixente que permite gravar 3 canles á vez (con disco duro de até 500 GB). Desta forma aos clientes poden esquecerse dos horarios e de elixir entre contidos que se emiten ao mesmo tempo.
- Control da emisión en directo, parando e rebobinando até 2 horas atrás en calquera momento. Deste xeito, aínda que haxa interrupcións, pódese gozar da emisión dende o punto en que se deixou.
- Tamén permite recibir recomendacións personalizadas porque aprende dos gustos do Cliente. Así Vodafone TV, a Televisión Intelixente, fai suxestións ao cliente e grávaas automaticamente en caso de que así se lle indique.
- Ademais inclúe aplicacións de Internet como YouTube con acceso a todos os seus vídeos.
O servizo de vídeo baixo demanda, Videoclub, con miles de contidos dispoñibles, o 70% de balde. Cine de estrea, tempadas completas das series máis populares, unha ampla selección contidos infantís, os documentais máis premiados.

PUBLICIDADE