A nova xeración de procesadores de Intel chamarase Intel Core i7

luns, 11 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O logotipo dos novos procesadores será azul nos modelos básicos e negro nos de alto rendemento

Intel anunciou hoxe a súa nova arquitectura para microprocesadores que ata o momento se coñecía coma Nehalem e que finalmente se coñecerán coma Intel Core i7, collendo o relevo dos actuais Core 2 Duo, aínda que haberá que agardar ata 2009 para procesadores desta nova familia no mercado (pois entrará en produción no último trimestre do ano).
A nova microarquitectura procurará achegar un bo rendemento combinado con eficiencia enerxética, conservando na súa nomenclatura a denominación Intel Core, que parece que se manterá durante moitos anos.
Os Intel Core i7 tamén contarán con versións Extreme para equipos que precisen de máis potencia, e en tal caso cambiará a cor do seu logotipo (apostando polo negro en vez de polo azul).

PUBLICIDADE