A nova edición de ViaGalicia presentarase esta semana na Coruña

mércores, 15 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O emprendedores interesados en levar adiante un novo proxecto teñen unha interesante oportunidade para potenciar a súa iniciativa na 3ª Edición do Programa de Aceleración ViaGalicia, que presentarase o vindeiro venres ás 12:00 horas nas instalacións do espazo de coworking WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña. Este evento Carlos Sarmiento, director de emprendemento de ZFV, introducirá o programa nunha charla de 5-10 minutos tras a que os interesados poderán participar nunha quenda de preguntas a través da que se espera resolver todas as dúbidas que puideran xurdir. Para participar no evento desta semana é preciso inscribirse en liña.
Esta nova edición de ViaGalicia facilitará a achega de 1.875.000 euros en financiamento para os 15 proxectos finalistas, así como outros 375.000 euros en gastos de formación e mentoring. Está previsto que a fase de Academia do Programa se desenvolva en sedes de Lugo e Vigo, para completarse a fase de aceleración en Nigrán.
Deste xeito, os 15 proxectos finalistas recibirán unha contribución financeira de até 125.000 euros en achegas a fondo perdido e préstamos participativos, así como espazo de coworking, mentoring, networking... rematando o prezo para presentarse a esta convocatoria o 31 de xullo ás 14:00 horas, estando as bases dispoñibles en liña.


Vídeo promocional da nova edición de ViaGalicia

PUBLICIDADE