A galega Quobis organiza o día 18 un seminario en liña sobre os retos das redes de voz

martes, 11 de maio do 2010 Fernando Sarasketa

A empresa galega Quobis e máis Acme Packet veñen de anunciar a celebración dun seminario en liña (accesible a través da Rede) sobre seguridade e interconexión en redes de comunicacións unificadas. A xornada, que se celebra o 18 de maio a través da web de Quobis, xirará arredor dos grandes retos tecnolóxicos que implica a migración cara a tecnoloxías IP das grandes redes de voz, retos como o mantemento da seguridade ou cómo garantir a interconexión e xestionar a provisión, entre outros. O seminario, que se vai estender no tempo durante unha hora, contará coa presenza activa de Elías Pérez (de Quobis) e de Ignacio García (Acme Packet), que levarán a cabo unha introdución nas principais ferramentas e solucións das que se pode tirar partido no devandito proceso de migración.
A xornada en cuestión vai dirixida sobre todo a profesionais de responsabilidade técnica e de negocio en operadores de telecomunicacións e xestores de voz corporativas, tanto do eido público como do privado. Segundo apuntan as empresas, os minutos finais das exposicións dedicaranse á rolda de preguntas por parte da audiencia convocada.
A sesión terán dúas edicións ao longo do 18 maio. Estas serán as horas de comezo para cada país.
12:00 e 17:00h España peninsular
11:00 e 16:00h Portugal
07:00 e 12:00h Brasil, Arxentina
06:00 e 11:00h Chile
05:30 e 10:30h Venezuela
05:00 E 10:00h Perú, Colombia, México

PUBLICIDADE