A galega Ocean´s achega importantes melloras gratuítas no seu produto de converxencia
luns, 24 de marzo do 2014
A empresa galega Ocean´s,
na súa arela de desprazarse cara ao futuro á mesma velocidade có
mercado das telecomunicacións (ou mesmo tentando sacarlle un algo de
vantaxe), está a presentar estes días unha serie de melloras sobre
o seu produto de converxencia, unha achega presentada no seu día
como “unha combinación de comodidade e prezo”. A idea de
Ocean´s, agora, é unha idea a medida do cliente: incrementar
e melloras as condicións do seu produto e sen que iso implique un
incremento. Ou sexa, “con mellores condicións pero pagando o
mesmo”. Deste xeito, tanto Ocean´s Máis Básico como
Ocean´s Máis Completo dan un paso adiante “en prestacións
para que dispor de teléfono fixo, móbil e ADSL nun mesmo produto e
factura resulte aínda máis vantaxoso”.
O primeiro paquete pasa
de ofrecer 200 Mbps de navegación na liña móbil a 500 Mbps a
máxima velocidade e sen límite. Segundo informa a empresa galega,
“disporemos de máis megabytes por segundo para gozar e, coma
sempre, non pagaremos máis se os excedemos”. No teléfono fixo, a
tarifa plan de 1.000 minutos a fixos nacionais e internacionais
substitúese por unha tarifa plana sen límite a fixos nacionais ou
1.000 minutos a fixos internacionais de 12 países. Tamén as
chamadas a teléfonos móbiles nacionais desde o fixo evolucionan: os
50 minutos ofrecidos até o momento son mellorados con chamadas a 0
céntimos o minuto en chamadas a móbiles nacionais de calquera
operador, sen restrición de horario e os 365 días do ano. Por outra
banda, a firma galega tamén informa que de interesarnos obter un
teléfono fixo sen fíos da máis alta calidade e de balde, Ocean´s
lévanolo a casa.
Igualmente, o bono de
datos da liña móbil aumenta de 1 a 1,5 Xb, sen que se dea un
incremento do prezo, entre os clientes de Ocean´s Máis Completo.
Por certo que en fixo, todas as melloras que experimenta Ocean´s
Máis Básico son igualmente aplicábeis a Ocean´s Máis
Completo. E, ademais, tanto nunha opción coma noutra poderemos
seguir navegando co noso ADSL á máxima velocidade con 10 Mbps de
baixada e 800 Kbps de baixada.