A galega Krasis impartirá formación en liña de balde aos partners de Microsoft en España

luns, 16 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Microsoft ofrecerá formación de balde para os seus partners e membros rexistrados a través do proxecto CampusMVP da compañía galega Krasis dentro da campaña nacional Ven & Gana que estase a desenvolver entre mediados de xaneiro e chegará ata o mes de setembro.
Os cursos da promoción Ven & Gana están dirixidos a traballadores de partners de Microsoft en España, que terán acceso durante 3 meses sen custo para a empresa grazas á subvención de Microsoft, estando valorada esta iniciativa de formación en liña gratuíta en máis de 600 euros por persoa. Abarcarán áreas estratéxicas do desenvolvemento web con tecnoloxía de Microsoft de última xeración:
- Desenvolvemento de aplicacións web con ASP.NET 3.5 e Visual Studio 2008
- Introdución ao desenvolvemento de aplicacións Web melloradas con ASP.NET AJAX·
- Programación de interfaces ricas con Silverlight 2.0
- Instalación, uso e extensión de aplicacións Open Source ASP.NET
- Deseño web con estándares en Microsoft Expression Web

PUBLICIDADE