A galega Impel organiza unha xornada sobre as esixencias do novo Código Técnico de Edificación (CTE)

martes, 24 de outubro do 2006 Fernando Sarasketa

A empresa galega Impel organiza este venres 27 a Xornada Técnica sobre o Código Técnico de Edificación, no Clube Financeiro da Coruña e con horario de 17.00 a 20.00 horas. O motivo desta xuntanza é botar luz sobre a recente entrada en vigor do CTE, polo que –entre outras cousas- os novos edificios que se constrúan en España terán que incluír un aproveitamento da enerxía solar para achegar auga quente sanitaria.
Na xornada deste venres, Francisco Martínez, xefe do Departamento de Enerxía Solar de Impel, avaliará polo miúdo as esixencias básicas de aforro de enerxía contidas no devandito código. Asemade, fará fincapé en cuestións como a contribución solar mínima ou os accesorios de instalación solar.
Para máis información, cómpre porse en contacto con Impel a través da súa web ou deste número de teléfono: 981 647731.

PUBLICIDADE