A función No molestar do iPhone non se desactiva automaticamente coa chegada do Aninovo

mércores, 2 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Parece que iOS quere bater algún tipo de marca en cuestión de incidencias relativas ao seu sistema de xestión de horas e datas, pois tras acumular numerosos fallos co sistema de alertas durante bastantes cambios entre o horario de verán e o de inverno, o cambio de hora tamén está a afectar ao servizo No molestar, que permite fixar un rango de horas no que o iPhone non recibirá chamadas telefónicas, mensaxes de texto, nin notificacións (agás as comunicacións consideradas como urxentes segundo unhas pautas que marquemos) para permitir certo descanso pola noite, e que coa chegada do Aninovo este modo de funcionamento non está a desactivarse tras a súa hora de finalización, o que impide recibir chamadas agás que a desactivemos.
Polo momento este erro carece de solución (é de agardar unha actualización que o corrixa nas vindeiras horas) o que resulta moi rechamante pois onte mesmo foi cando se estreou un anuncio televisivo de Apple que baixo o título de Dream busca promocionar a función No molestar do IPhone:


ACTUALIZACIÓN: Dende Apple aseguran que o fallo que afecta á funcionalidade No molestar desaparecerá o 7 de xaneiro, sendo preciso desactivala manualmente ata tal data.

PUBLICIDADE