A formación para os voluntarios dixitais achegarase ás estratexias de comunicación 2.0

mércores, 25 de xuño do 2014 Redacción

O Plan de Formación 2014 do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra os días 26 e 27 o seu segundo módulo, centrado nas Estratexias de Comunicación 2.0. no que se darán as claves para implantar unha estratexia dixital que capaz de posicionar un pequeno negocio ou a firma persoal ao lado das grandes marcas.
As xornadas son gratuítas e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de A Coruña- Centro Cívico de Eirís, Sada , Ortigueira, Fisterra, Barreiros, O Vicedo, Ourense, Verín, Leiro, Celanova, Pontevedra, Valga e A Cañiza. Ademais, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición a través da Internet.
José Alcañiz na súa intervención durante a <a href="http://codigocero.com/O-xerente-de-Buscadestinos-com">LaconNetwork do pasado mes de abril</A>Na xornada do día 26 de xuño, José Alcañiz, xerente da central de reservas online Buscadestinos.com, amosará aos asistentes como poden converter as visitas ao seu sitio web en vendas, cales son as ferramentas das que dispoñen e que métricas e analíticas deben empregarse para optimizar a súa campaña de marketing dixital. José Alcañiz, ademais de empresario de éxito, e un profesional das movas tecnoloxías e marketing en Internet, con ampla experiencia na xestión de proxectos de distintos sectores (turismo, servizos, industria...) e profesor da Escola de Negocios Novacaixagalicia nas áreas de Marketing, Publicidade Dixital e SocialMedia.
O día 27 Víctor Gómez Romero, responsable de Restauraaccion.com, achegará aos participantes á realidade da comunicación 2.0 e do marketing de contidos. Víctor Gómez é consultor en xestión empresarial, calidade, procesos, innovación, tecnoloxía e persoas, profesor da Universidade de Vigo e desenvolve proxectos de consultoría e marketing dixital centrados fundamentalmente en restauración, aplicando a innovación ao marketing para restaurantes.
O programa de formación deste ano, co título Innovación e transformación dixital 2.0, ten como obxectivo desenvolver as capacidades das persoas e as organizacións como axentes impulsores da innovación social a través das TIC. Estrutúrase en 4 módulos de 8 horas de duración cada un, que poden ser cursados de maneira independente:
• Módulo I: Inserción laboral e recrutamento 2.0 (19 e 20 de xuño)
• Módulo II: Estratexias de comunicación 2.0 (26 e 27 de xuño)
• Módulo III: Innovación social. Experiencias prácticas (3 e 4 de xullo)
• Módulo IV: Coaching para a transformación social (10 e 11 de xullo)

PUBLICIDADE