A fabricación dixital, Airbnb e a ciberseguridade centran os novos obradoiros de SmartPEME
martes, 7 de xuño do 2022
A
Deputación de Pontevedra, a través de SmartPEME, oferta tres novas
accións formativas mixtas impartidas de xeito online e
presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros tecnolóxicos
para persoas autónomas e pequenas e medianas empresas. As
accións tratarán temas como a fabricación dixital con debuxo 3D, a
plataforma de aloxamentos Airbnb e a ciberseguridade no sector
turismo.
Este
martes, 7 de xuño, Manuel Freire, experto universitario en robótica,
programación e impresión 3D, será o encargado de guiar o taller
Fabricación dixital. Debuxo 3D con OnShape V – Assembly I.
O curso complementará a formación das semanas anteriores dando a
coñecer as tecnoloxÃas implicadas neste proceso de produción
dixital. O obradoiro consta de 50 horas de duración e inclúese no
formato mixto, que combina formación en liña (30 horas) e prácticas
presenciais no Fab Lab (20 horas) do Centro Provincial de EconomÃa
Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.
Este
mércores 8, o obradoiro Airbnb: comercialización en liña de
aloxamentos e experiencias estará dedicado a persoas
emprendedoras, autónomos e a empresas do sector turÃstico. Nel
falarase de como converternos en anfitrións de aloxamentos e
actividades e cales son as condicións e vantaxes de formar parte
dunha plataforma dixital como esta. Sonia Torres, técnica de
Empresas e Actividades TurÃsticas pola Universidade da Coruña, será
a encargada de impartir esta acción.
O
peche a esta semana de obradoiros pono Ciberseguridade no sector
turismo e lecer, unha charla de concienciación destinado as
persoas e as empresas do sector turÃstico/lecer para minimizar
riscos e maximizar as medidas de ciberseguridade en contornas
dixitais presentes e futuros como o metaverso. Este taller realizase
en colaboración co Nodo Galego de Ciberseguridade e iVigo Space, que
será o encargado de impartilo a través dos formadores: Ramón
Suárez, mentor cibernético e CEO de iVigo.es e Arán Feijoo,
consultor en ciberseguridade. Esta actividade celebrarase o xoves 9
de xuño, as 10 da mañá, na sala de actos do segundo andar do
Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra e, tamén,
poderase seguir de maneira telemática mediante Zoom.